Casalderrey, Fina (1951-)

A Muller Xabaril / Fina Casalderrey - 1ª ed. - Vigo : Xerais , 2023 - 314 p. : fot. b/n ; 23 cm - Narrativa ; 507 .

En «A Muller Xabaril» Fina Casalderrey convídanos a inserirnos nunha historia amarga e dolorosa, intrigante e conmovedora, que lexitima a memoria e afonda nas miserias humanas e nos segredos familiares enmarcados nas turbulencias políticas da primeira metade do século XX.

Ninguén sabía os motivos polos que unha moza de refinado encanto e elevada altura, tanto física coma intelectual, se fora convertendo nun repulsivo esperpento, nun animal. A Muller Xabaril percorría o mundo cun saco ao lombo e nel, ademais de quincallas do seu cotián vagabundo, levaba libros. Deambulaba acompañada do Luís, o seu can e fiel escudeiro. O relato de Ramiro, envolto na voz de Lennon, vai reconstruíndo a versión máis dramática desa biografía infausta que o impresiona ata lle esfolar a pel de dentro. Acaba de descubrir os motivos que hipoteticamente a puideron abocar á sorprendente metamorfose: o verdadeiro segredo do Xabaril.

9788411102933


Vagabundos
Pobreza
Segredos

82-N

Coa tecnoloxía Koha