O tradutor de sombras / Moncha Fuentes
por Fuentes, Moncha (1952-) [autor/a].
Tipo: LibroEditor: Vigo : Xerais , 2022 Edición: 1ª ed.Descrición: 174 p. ; 23 cm.ISBN: 9788411101356.Materia(s): Saúde mental | Crise persoal | Alcoholismo | Amor | Morte | EsquecementoRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Con «O tradutor de sombras», volve a narrativa singular da escritora Moncha Fuentes á actualidade para arrastrar o lector nunha novela hipnótica que comeza en Ourense e remata en Vigo pouco antes do inicio da pandemia. Entre a realidade e a desmesura, Roque Corbal procura no alcohol e na tradución un refuxio contra as súas propias pantasmas. Ao longo da súa crise interior, irá entregándolle a palabra a personaxes tan relevantes que deseñarán a arquitectura coral de «O tradutor de sombras». Coñeceremos a Néstor, as súas vivencias políticas e a traxedia persoal que o envolve; vibraremos con Camila Ferro e coa súa turbadora historia de amor e morte; latexaremos coa experiencia psiquiátrica de Arcadio Corbal e atravesaremos a face máis esgazadora da doenza mental nas voces trémulas de Inés Lostre e Simón Cibeira. Fondamente marcada polo ritmo -unhas veces sosegado; outras, frenético e mesmo, en ocasións, aloulado- na novela desprégase nunha polifonía de tons diversos e disonantes que acadan a harmonía no conxunto final. A confirmación dunha autora que con «O tradutor de sombras» presenta unha orquestra poderosa contra a morte e o esquecemento.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | EOI de Vilagarcía Sala préstamo | 82-3GA FUE tra | Dispoñible | PEJ002000007436 |
|
Premio Antón Losada Diéguez de Creación Literaria, 2023
Con «O tradutor de sombras», volve a narrativa singular da escritora Moncha Fuentes á actualidade para arrastrar o lector nunha novela hipnótica que comeza en Ourense e remata en Vigo pouco antes do inicio da pandemia. Entre a realidade e a desmesura, Roque Corbal procura no alcohol e na tradución un refuxio contra as súas propias pantasmas. Ao longo da súa crise interior, irá entregándolle a palabra a personaxes tan relevantes que deseñarán a arquitectura coral de «O tradutor de sombras». Coñeceremos a Néstor, as súas vivencias políticas e a traxedia persoal que o envolve; vibraremos con Camila Ferro e coa súa turbadora historia de amor e morte; latexaremos coa experiencia psiquiátrica de Arcadio Corbal e atravesaremos a face máis esgazadora da doenza mental nas voces trémulas de Inés Lostre e Simón Cibeira. Fondamente marcada polo ritmo -unhas veces sosegado; outras, frenético e mesmo, en ocasións, aloulado- na novela desprégase nunha polifonía de tons diversos e disonantes que acadan a harmonía no conxunto final. A confirmación dunha autora que con «O tradutor de sombras» presenta unha orquestra poderosa contra a morte e o esquecemento.